BENVIDO
ASOCIACIÓN CAMBADOS ZONA CENTRO
Quen somos
Nesta asociación temos como principal obxectivo xerar unha imaxe unitaria da oferta, infraestructura urbanístico-comercial e dispoñer dunha xestión centralizada
SERVIZOS AOS NOSOS ASOCIADOS
Asóciache e poderás gozar dos seguintes servizos

Promoción comercial
Promovemos campañas comerciais orientadas ao fomento das vendas dos nosos asociados

Representación colectiva
Como agrupación temos capacidade de trasladar nosas necesidades aos organismos públicos correspondentes.

Presencia nos medios
Coas nosas actividades colectivas acadamos presencia nos medios

Formación
Periódicamente a asociación realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados

Información e asesoramento
Ofrecemos asesoramento empresarial que poida ser relevante aos nosos asociados

Convenios
Nosos asociados contan coa posibilidade de disfrutar de descontos especiais
Bonos de Día do Pai
A partires do luns 16 e ata o luns 31 de marzo, os clientes poderán adquirir e consumir os seus bonos nos comercios e locais de hostalaría asociados á campaña.
Para a presente edición, emítense 500 bonos cun prezo de compra para o cliente de 20 euros cada un deles, obténdose un valor de compra de 30 euros. Supón por tanto, unha aportación de 5.000 euros que garanten un retorno mínimo de 15.000 euros.
Actualidade
Coñece as novas máis relevantes relacionadas coa actualidade da asociación
Dia do Pai 2026
A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos seus bonos ao consumo que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Día do Pai
Bonos de Outono 2025
A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados presentan a primeira edición da campaña Bonos de Outono Día, que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Nadal.
A volta o cole ten premio
A asociación Cambados Zona Centro, o Concello de Cambados e a Xunta de Galicia poñen en marcha, con motivo da volta o cole, a campaña «a volta o cole ten premio», que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña.
Forma parte da asociación
Se tes un negocio en Cambados lembra que xuntos somos máis! Contacta connosco e coñece todas as vantaxes de ser socio.


