A Feira do Comercio e do Mar 2026 encherá Cambados de oportunidades, gastronomía e experiencias

A Feira de Oportunidades regresa os días 14, 15 e 16 de agosto de 2026 ao Paseo da Calzada de Cambados cunha proposta que combina comercio local, gastronomía, tradición mariñeira, automoción e actividades para toda a familia.

Organizada por Cambados Zona Centro, a feira permanecerá aberta de 11:00 a 23:00 horas durante as tres xornadas. Veciñanza e visitantes poderán percorrer os diferentes postos, coñecer a oferta dos establecementos participantes e aproveitar descontos, promocións e oportunidades especiais.

Esta nova edición pretende ir máis alá dunha feira comercial e converterse nun punto de encontro no que se dean cita algúns dos elementos que mellor representan Cambados: o comercio de proximidade, o mar, a gastronomía e a colaboración entre entidades e empresas locais.

Gastronomía para colaborar con Grand Jeté

A programación contará coa participación de Grand Jeté, que se encargará da  proposta gastronómica, unha iniciativa destinada á recadación de fondos que sufraguen os gastos das súas actividades deportivas.

As persoas que se acheguen á feira poderán degustar diferentes preparación de xeito que ademais de desfrutar da súa proposta gastronómica, cada compra servirá para apoiar os proxectos e actividades de Grand Jeté.

Esta colaboración engade á feira un espazo de convivencia e gastronomía no que o público poderá participar activamente e contribuír cunha iniciativa local.

Visita guiada coas mariscadoras en colaboración con Guimatur

O mar e a tradición marisqueira tamén ocuparán un lugar destacado nesta edición. En colaboración con Guimatur, o sábado 15 ás 11.00 h. organizarase unha visita guiada coas mariscadoras, que permitirá coñecer de preto un dos oficios máis representativos da historia e da identidade de Cambados.

Durante esta experiencia, as persoas participantes comprenderán a importancia económica, social e cultural do marisqueo nas Rías Baixas. Trátase dunha oportunidade para coñecer o mar desde unha perspectiva próxima e auténtica, da man das propias profesionais que manteñen viva esta tradición.

Cata coa adega Paco & Lola

Na mañá do domingo 16 de agosto, a feira contará tamén coa colaboración da adega Paco & Lola, que ofrecerá unha cata para achegar ao público os viños e a cultura vitivinícola da nosa contorna.

Esta actividade permitirá completar a experiencia da feira cunha proposta vinculada a outro dos grandes sinais de identidade de Cambados e do Salnés: o viño albariño e a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Exposición de vehículos grazas a Renault Cambados

A Feira do Comercio e do Mar incorporará este ano unha nova proposta relacionada coa automoción. Grazas á colaboración do concesionario Renault Manuel Mosteiro e Hijos de Cambados o recinto contará cunha exposición de vehículos que o público poderá coñecer durante a celebración do evento.

A presenza de Renault amplía a variedade de sectores representados e reforza o carácter aberto e dinámico dunha feira na que o comercio local, os servizos e as empresas da zona serán os grandes protagonistas.

Inauguración con Boudebou Gaiteiros

A inauguración oficial terá lugar o venres 14 de agosto ás 12:00 horas e contará coa música tradicional do cuarteto de gaitas Boudebou Gaiteiros.

A súa actuación servirá para dar comezo a tres días de compras, gastronomía, cultura mariñeira e actividades nun dos espazos máis emblemáticos de Cambados.

Unha feira para toda a familia

A Feira do Comercio e do Mar está concibida como unha proposta para todos os públicos. Durante as tres xornadas, o Paseo da Calzada converterase nun espazo no que pasear, mercar, descubrir produtos e servizos e desfrutar da gastronomía.

Mercar no comercio local significa contribuír á economía de Cambados, apoiar os pequenos negocios, manter vivas as nosas rúas e apostar por un modelo comercial próximo, profesional e de calidade.

Agardámosvos os días 14, 15 e 16 de agosto no Paseo da Calzada. O noso comercio, o noso mar e a nosa xente serán os grandes protagonistas.

Máis artigos

Feira do Comercio e do Mar 2026

A Feira do Comercio e do Mar 2026 encherá Cambados de oportunidades, gastronomía e experiencias A Feira de Oportunidades regresa os días 14, 15 e 16 de agosto de 2026 ao Paseo da Calzada de Cambados cunha proposta que combina comercio local, gastronomía, tradición mariñeira, automoción e actividades para toda a familia. Organizada por Cambados Zona Centro, a feira permanecerá

Ler máis »

sorteo 2 entradas para o concerto da Festa do Albariño

A túa compra ten premio: Cambados Zona Centro sortea 2 entradas para o concerto urbano da Festa do Albariño A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova campaña de apoio ao comercio local coa que sorteará 2 entradas para o concerto de música urbana da Festa do Albariño Cambados 2026. O concerto celebrarase o venres 31 de xullo,

Ler máis »

Dia da Nai 2026

Chega o Día da Nai, e para celebralo repartiremos 1.000 euros en vales compra. Tan só tes que comprar no comercio local e pedir o teu rasca. Poderás comprobar no momento se es un dos afortunados. E se non che toca, non te preocupes. Terás unha segunda oportunidade. Rexistra a túa compra no formulario da nosa paxina web e participarás

Ler máis »

Día do Pai 2026

A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos seus bonos ao consumo que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Día do Pai. A partires do luns 16 e ata o

Ler máis »

Axudas ao emprendemento 2026

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade dende o 1 de xaneiro de 2024. BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.b) Ter presentado, de

Ler máis »
¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.