QUEN SON
Cambados Zona Centro é un «Centro Comercial Aberto», é dicir, somos unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturais que se sitúa no centro urbano de Cambados, unha zona onde mercar pode incluso chegar a confundirse co ocio, disfrutando dun entorno de calidade.
Os aspectos que definen un Centro Comercial Urbano son fundamentalmente tres: Imaxe unitaria da oferta, infraestructura urbanístico-comercial e xestión centralizada. O Centro Comercial Aberto, Cambados Zona Centro, ó estar situado no centro urbano de Cambados dispón de vida propia, é unha zona onde residen os cidadáns e por esto está totalmente integrado na poboación, permitindo ós peóns ou usuarios doutros servicios que teñan sempre visibles os establecementos e os seus escaparates.
FINES DA ASOCIACIÓN
Esta asociación ten como principal obxectivo a defensa dos intereses, dos seus socios, tanto económicos como sociais, englobando as intereses comerciais, hostaleiros e industriais, así como a realización de labores de información e promoción dos asociados, fomentando sempre entre eles unha colaboración mutua.
Cambados Zona Centro desenvolve a súa actividade a través de múltiples actuacións co obxectivo de conseguir unha mellora continua do comercio, así como o desenvolvemento económico e social de Cambados.
O CCA
O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está a contribuír á modernización dos espazos comerciais tradicionais da nosa cidade. A súa implantación trae consigo consecuencias positivas de índole económica, social e urbana. Contribuíndo ao: aumento do emprego, o autoemprego, a democratización dos beneficios económicos e á satisfacción dos consumidores locais; o desconxestionamento das vías de comunicación, a revalorización de espazos urbanos degradados, etc.
Neste contexto, o obxectivo final do presente traballo é contribuír a mellorar e dinamizar o actual sistema comercial tradicional de Cambados, no que se define o modelo comercial do Centro Comercial Aberto, os criterios de localización da súa implantación e as actuacións propostas.