A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos Bonos de Outono, co obxectivo de contribuír á promoción e dinamización dos sectores comercial, hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando as compras nos establecementos adheridos á campaña nas semanas previas ao Nadal.

A partir do luns 16 de novembro e ata o venres 4 de decembro de 2026, os clientes poderán adquirir e utilizar os seus bonos nos negocios participantes.

Nesta edición poranse á venda 500 lotes, cun custo de 20 euros cada un. Por cada lote adquirido, o cliente recibirá 10 euros de agasallo, obtendo un valor total de compra de 30 euros. A campaña supón así unha achega de 5.000 euros en bonos de agasallo e un valor total de 15.000 euros en compras nos establecementos participantes.

As bases polas que se rexe a presente promoción son as seguintes:

  1. A campaña desenvolverase entre o 16 de novembro e o 4 de decembro de 2026.
  2. O custo de adquisición de cada lote será de 20 euros, recibindo o cliente un bono de agasallo por valor de 10 euros. O valor total de compra será, polo tanto, de 30 euros.
  3. Poranse á venda 500 lotes, dispoñibles ata esgotar as existencias.
  4. Cada persoa poderá adquirir un máximo de 2 lotes por DNI ou NIE.
  5. Non poderán adquirir bonos as persoas menores de 18 anos.
  6. Os vales poderán acumularse ata un máximo de 60 euros nunha mesma compra, equivalentes a 6 vales.
  7. Os vales poderán utilizarse en calquera dos establecementos adheridos á campaña. Non poderán cambiarse por diñeiro en efectivo nin se devolverá cambio cando o importe da compra sexa inferior ao valor dos vales empregados.
  8. No caso de devolución dun produto, o establecemento emitirá un vale polo importe íntegro da compra, sen que sexa posible a devolución de diñeiro en efectivo.
  9. Os bonos non se poderán empregar en compras bonificadas con outra promoción da mesma ou doutra administración nin ser obxeto de rebaixa ou promoción por parte do establecemento.
  10. Os bonos poderán adquirirse nos puntos de venda indicados a continuación:

  • Asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
  • Inmobiliaria e Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través do formulario de reserva ao que se pode acceder a traves do seguinte ENLACE, así como a través do seguinte código QR:

Os bonos deberán utilizarse antes de que remate a campaña, o 4 de decembro de 2026

Máis artigos

Bonos de Outono 2026

Unha nova edición dos Bonos de Outono vaise desenrolar do luns 16 de novembro ata o 4 de decembro. Nesta edición poranse á venda 500 lotes, cun custo de 20 euros cada un. Por cada lote adquirido, o cliente recibirá 10 euros de agasallo, obtendo un valor total de compra de 30 euros.

Ler máis »

Convenio ARSEM Servicios Energéticos

Cambados Zona Centro e ARSEM asinan un convenio para facilitar o aforro enerxético aos asociados Cambados Zona Centro segue ampliando as vantaxes para os seus asociados. Grazas ao novo convenio con ARSEM Servicios Energéticos, os comercios, autónomos e empresas da asociación poderán acceder de forma totalmente gratuíta a un asesoramento enerxético personalizado para revisar os seus consumos e buscar opcións

Ler máis »

Volta ao Cole 2026

A Volta ao Cole chega a Cambados con 600 € en premios e unha gran Festa Infantil Co mes de setembro chega o regreso ás aulas, ás rutinas e tamén unha nova edición da campaña “Volta ao Cole” de Cambados Zona Centro, que este ano se celebrará do 1 ao 19 de setembro de 2026. A iniciativa busca apoiar o

Ler máis »

Feira do Comercio e do Mar 2026

A Feira do Comercio e do Mar 2026 encherá Cambados de oportunidades, gastronomía e experiencias A Feira de Oportunidades regresa os días 14, 15 e 16 de agosto de 2026 ao Paseo da Calzada de Cambados cunha proposta que combina comercio local, gastronomía, tradición mariñeira, automoción e actividades para toda a familia. Organizada por Cambados Zona Centro, a feira permanecerá

Ler máis »

sorteo 2 entradas para o concerto da Festa do Albariño

A túa compra ten premio: Cambados Zona Centro sortea 2 entradas para o concerto urbano da Festa do Albariño A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova campaña de apoio ao comercio local coa que sorteará 2 entradas para o concerto de música urbana da Festa do Albariño Cambados 2026. O concerto celebrarase o venres 31 de xullo,

Ler máis »
¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.