A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos seus bonos ao consumo que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Día do Pai.

A partires do xoves 13 de marzo, e ata o luns 31 de marzo, os clientes poderán adquirir e consumir os seus bonos nos comercios e locais de hostalaría asociados á campaña.

Para a presente edición, emítense 600 bonos cun prezo de compra para o cliente de 20 euros cada un deles, obténdose un valor de compra de 30 euros. Supón por tanto, unha aportación de 6.000 euros que garanten un retorno mínimo de 18.000 euros.

As bases polas que se rexe a presente promoción son as seguintes:

  1. A campaña desenrolarase entre o 13 e o 31 de marzo de 2025.
  2. O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un vale regalo por valor de 10 €. O cliente acada por tanto un aforro de 10 €.
  3. O número de lotes á venta é de 600.
  4. O número máximo de lotes de vales por DNI ou NIE é de 2 lotes.
  5. Non poderán adquirir vales os menores de 18 anos.
  6. Os vales poderán acumularse ata un máximo de 60 € (máximo 6 vales nunha compra)
  7. Os vales compra poderán trocarse en calquera dos establecementos e negocios asociados a campaña, non puidendo cambiarse por diñeiro en efectivo, nin se devolverá cambio no caso de que o importe da compra sexa inferior ao importe do vale.
  8. No caso de que se produza unha devolución do produto, o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, non sendo posible a devolución de diñeiro en efectivo.
  9. Os bonos non se poderán empregar en compras bonificadas con outra promoción da mesma ou doutra administración nin ser obxeto de rebaixa ou promoción por parte do establecemento.
  10. Os bonos poderán comprarse nos seguintes puntos de venta:
  • Asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
  • Inmobiliaria e Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través do formulario de reserva ao que se pode acceder a traves do seguinte ENLACE, así como a través do seguinte código QR:

 

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc.