
Chega o Día da Nai, e para celebralo repartiremos 1.000 euros en vales compra. Tan só tes que comprar no comercio local e pedir o teu rasca. Poderás comprobar no momento se es un dos afortunados.
E se non che toca, non te preocupes. Terás unha segunda oportunidade. Rexistra a túa compra no formulario da nosa paxina web e participarás no sorteo dunha estancia familiar de fin semana a Cantabria con entradas para o Parque de Cabárceno e para o Museo Xurásico de Asturias.
As bases polas que se rexe a presente promoción son as seguintes:
- A campaña desenrolarase entre o 21 de abril e o 4 de maio de 2025.
- Coa súa compra, os clientes recibirán un rasca co que poderán acadar ata 1.000 euros en vales compra (repartidos en 40 premios de 25 euros cada un). Estes vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados á asociación Cambados Zona Centro, e non se poderán trocar por diñeiro nin se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 30 de xuño de 2025.
- Ao tratarse dun premio directo, os gañadores deberán poñerse en contacto coa asociación, antes do mércores 7 de maio, a través do teléfono 986520902 ext. #742 ou ben enviando un correo co seus datos a info@cambadoszonacentro.com.
- Ademais, sortearase unha estancia de fin de semana (2 noites) en Cantabria para 1 familia (2 adultos e 2 nenos de ata 12 anos), aloxados no Hotel Torresport 4* con entradas de 1 día para o Parque da Natureza de Cabárceno e entradas para o Museo Xurásico de Asturias, en Colunga, válida para o ano 2025 (ata o 23 de decembro e excepto para o período 14/07 a 31/08).
- O sorteo desta fin de semana en Cantabria realizarase o día 7 de maio entre todos os clientes que formalicen o rexistro da súa compra no formulario habilitado ao efecto na paxina web cambadoszonacentro.com. Ao gañador notificaráselle o premio por teléfono, así como a data de entrega do mesmo.