Bases da campaña Vales de Primavera 2022
Cambados Zona Centro pon en marcha unha campaña denomidada Vales de Primavera que se vai a rexer polas seguintes bases.
BASES DA CAMPAÑA VALES DE PRIMAVERA
- A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, poñen en marcha, baixo o lema Vales de Primavera esta campaña, que se leva a cabo co obxectivo de contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados a campaña para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo COVID-19.
- A campaña desenrolarase entre o 25/04/2022 e o 12/06/2022
- O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un vale regalo por valor de 10 €.
- Os vales compra poderán trocarse en calquera dos establecementos e negocios asociados a campaña.
- Para beneficiarse de esta campaña os clientes deberán adquirir os vales compra nos seguintes puntos de venta:
-
- As oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
- Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)
- Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través do formulario adxunto o seguinte enlace ou no código QR:
Enlace o formulario de reserva
- Se o importe da compra é inferior ao importe do vale non se devolverá efectivo. Igualmente, os vales non son cambiables por diñeiro. No caso de que se produza unha devolución o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, sen cartos en efectivo.
- Os establecementos asociados que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tickets ou facturas de venta, para o seu abono. Sen a copia do ticket de compra e dos vales non se fará efectivo o pago.
- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.
Listado de establecementos participantes na promoción