BASES DA CAMPAÑA 3×2

A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, poñen en marcha, baixo o lema 3×2 esta campaña, que se leva a cabo co obxectivo de contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo COVID-19.

A campaña desenrolarase entre o 01/12/2020 e o 05/01/2021

A asociación aportará a cantidade de 6.000 euros para a emisión dunha partida de 600 lotes de vales compra, por valor de 30 €, repartidos en tres vales compra de 10 euros cada un deles. Deste xeito, asegúrase un investimento de 18.000 euros que repercutirán directamente nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.

O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un valor en vales compra de 30 €, asumindo por tanto a asociación 10 euros por lote de vales compra.

Os vales compra poderán trocarse en calquera dos establecementos e negocios asociados a Cambados Zona Centro.

Para beneficiarse de esta campaña os clientes deberán adquirir os vales compra nos seguintes puntos de venta:

  • As oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
  • Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)
  • Seguros J Noval (Rúa Os Píos, 1 Bajo – esquina Rúa A Mariña • Telf. 986 07 18 51)

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través a paxina web https://cambadoszonacentro.com.

Se o importe da compra é inferior ao importe do vale non se devolverá efectivo. Igualmente, os vales non son cambiables por diñeiro. No caso de que se produza unha devolución o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, sen cartos en efectivo.

Os establecementos asociados que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados de copia dos tickets ou facturas de venta, para o seu abono. Sen a copia do ticket de compra e dos vales non se fará efectivo o pago.

A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

Listado de socios participantes na promoción