A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos Bonos de Outono, co obxectivo de contribuír á promoción e dinamización dos sectores comercial, hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando as compras nos establecementos adheridos á campaña nas semanas previas ao Nadal.
A partir do luns 16 de novembro e ata o venres 4 de decembro de 2026, os clientes poderán adquirir e utilizar os seus bonos nos negocios participantes.
Nesta edición poranse á venda 500 lotes, cun custo de 20 euros cada un. Por cada lote adquirido, o cliente recibirá 10 euros de agasallo, obtendo un valor total de compra de 30 euros. A campaña supón así unha achega de 5.000 euros en bonos de agasallo e un valor total de 15.000 euros en compras nos establecementos participantes.
As bases polas que se rexe a presente promoción son as seguintes:
- A campaña desenvolverase entre o 16 de novembro e o 4 de decembro de 2026.
- O custo de adquisición de cada lote será de 20 euros, recibindo o cliente un bono de agasallo por valor de 10 euros. O valor total de compra será, polo tanto, de 30 euros.
- Poranse á venda 500 lotes, dispoñibles ata esgotar as existencias.
- Cada persoa poderá adquirir un máximo de 2 lotes por DNI ou NIE.
- Non poderán adquirir bonos as persoas menores de 18 anos.
- Os vales poderán acumularse ata un máximo de 60 euros nunha mesma compra, equivalentes a 6 vales.
- Os vales poderán utilizarse en calquera dos establecementos adheridos á campaña. Non poderán cambiarse por diñeiro en efectivo nin se devolverá cambio cando o importe da compra sexa inferior ao valor dos vales empregados.
- No caso de devolución dun produto, o establecemento emitirá un vale polo importe íntegro da compra, sen que sexa posible a devolución de diñeiro en efectivo.
- Os bonos non se poderán empregar en compras bonificadas con outra promoción da mesma ou doutra administración nin ser obxeto de rebaixa ou promoción por parte do establecemento.
- Os bonos poderán adquirirse nos puntos de venda indicados a continuación:
- Asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
- Inmobiliaria e Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)
Así mesmo, tamén se admitirán reservas a través do formulario de reserva ao que se pode acceder a traves do seguinte ENLACE, así como a través do seguinte código QR:
Os bonos deberán utilizarse antes de que remate a campaña, o 4 de decembro de 2026