A túa compra ten premio: Cambados Zona Centro sortea 2 entradas para o concerto urbano da Festa do Albariño

A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova campaña de apoio ao comercio local coa que sorteará 2 entradas para o concerto de música urbana da Festa do Albariño Cambados 2026.

O concerto celebrarase o venres 31 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Praza de Fefiñáns, e contará coas actuacións de Luar La L, Roa e La Pantera.

Participar é moi sinxelo. Todas as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro entre o 8 e o 30 de xuño poderán entrar no sorteo das entradas.

Para participar, só hai que seguir estes pasos:

  1. Realizar as compras nos establecementos asociados entre o 8 e o 30 de xuño.
  2. Cubrir o formulario dispoñible na web cambadoszonacentro.com.
  3. Gardar o recibo da compra realizada.
  4. Agardar ao sorteo, que se realizará o 8 de xullo.

Con esta iniciativa, Cambados Zona Centro quere premiar a fidelidade da súa clientela e animar a veciñanza e visitantes a mercar no comercio local durante estas datas.

 

Porque mercar en Cambados ten premio: apoia o comercio local e goza da nosa festa!

Máis artigos

sorteo 2 entradas para o concerto da Festa do Albariño

A túa compra ten premio: Cambados Zona Centro sortea 2 entradas para o concerto urbano da Festa do Albariño A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova campaña de apoio ao comercio local coa que sorteará 2 entradas para o concerto de música urbana da Festa do Albariño Cambados 2026. O concerto celebrarase o venres 31 de xullo,

Ler máis »

Dia da Nai 2026

Chega o Día da Nai, e para celebralo repartiremos 1.000 euros en vales compra. Tan só tes que comprar no comercio local e pedir o teu rasca. Poderás comprobar no momento se es un dos afortunados. E se non che toca, non te preocupes. Terás unha segunda oportunidade. Rexistra a túa compra no formulario da nosa paxina web e participarás

Ler máis »

Día do Pai 2026

A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos seus bonos ao consumo que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Día do Pai. A partires do luns 16 e ata o

Ler máis »

Axudas ao emprendemento 2026

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade dende o 1 de xaneiro de 2024. BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.b) Ter presentado, de

Ler máis »

Bonos Autónomos 2026

Resumo da información sobre as axudas para autónomos publicadas no DOGA do mércores 4 de febreiro de 2026. Establécense cinco programas específicos: 1.- Programa de Promoción do Emprego Autónomo (TR341D). Obxectivo: Apoiar persoas desempregadas que desexen iniciar unha actividade empresarial ou profesional por conta propia.Liñas de axuda:     Subvención para o inicio de actividades económicas.     Axuda equivalente ao custo da

Ler máis »
¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.