Cambados Zona Centro e ARSEM asinan un convenio para facilitar o aforro enerxético aos asociados

Cambados Zona Centro segue ampliando as vantaxes para os seus asociados. Grazas ao novo convenio con ARSEM Servicios Energéticos, os comercios, autónomos e empresas da asociación poderán acceder de forma totalmente gratuíta a un asesoramento enerxético personalizado para revisar os seus consumos e buscar opcións de aforro en luz e gas.

SERVIZO 100 % GRATUÍTO PARA OS ASOCIADOS

Un asesoramento adaptado ás necesidades de cada negocio

  • Analizar os consumos e revisar os contratos de luz e gas.
  • Detectar oportunidades de aforro e comparar alternativas do mercado.
  • Propoñer medidas para mellorar a eficiencia e o control do gasto enerxético.

Ademais, os asociados de Cambados Zona Centro contarán cun trato preferente nos servizos e promocións de ARSEM. O obxectivo desta colaboración é sinxelo: axudar aos negocios locais a controlar mellor un dos seus custos máis importantes e mellorar a súa competitividade.

Interésache? Ponte en contacto con Cambados Zona Centro e facilitarémosche toda a información para solicitar o asesoramento.

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.