A Feira do Comercio e do Mar 2026 encherá Cambados de oportunidades, gastronomía e experiencias
A Feira de
Oportunidades regresa os días 14, 15 e 16 de agosto de 2026 ao Paseo
da Calzada de Cambados cunha proposta que combina comercio local,
gastronomía, tradición mariñeira, automoción e actividades para toda a familia.
Organizada por Cambados
Zona Centro, a feira permanecerá aberta de 11:00 a 23:00 horas
durante as tres xornadas. Veciñanza e visitantes poderán percorrer os
diferentes postos, coñecer a oferta dos establecementos participantes e
aproveitar descontos, promocións e oportunidades especiais.
Esta nova edición
pretende ir máis alá dunha feira comercial e converterse nun punto de encontro
no que se dean cita algúns dos elementos que mellor representan Cambados: o
comercio de proximidade, o mar, a gastronomía e a colaboración entre entidades
e empresas locais.
Gastronomía para
colaborar con Grand Jeté
A programación
contará coa participación de Grand Jeté, que se encargará da proposta gastronómica, unha iniciativa
destinada á recadación de fondos que sufraguen os gastos das súas actividades
deportivas.
As persoas que se
acheguen á feira poderán degustar diferentes preparación de xeito que ademais
de desfrutar da súa proposta gastronómica, cada compra servirá para apoiar os
proxectos e actividades de Grand Jeté.
Esta colaboración
engade á feira un espazo de convivencia e gastronomía no que o público poderá
participar activamente e contribuír cunha iniciativa local.
Visita guiada
coas mariscadoras en colaboración con Guimatur
O mar e a tradición
marisqueira tamén ocuparán un lugar destacado nesta edición. En colaboración
con Guimatur, o sábado 15 ás 11.00 h. organizarase unha visita guiada
coas mariscadoras, que permitirá coñecer de preto un dos oficios máis
representativos da historia e da identidade de Cambados.
Durante esta
experiencia, as persoas participantes comprenderán a importancia económica,
social e cultural do marisqueo nas Rías Baixas. Trátase dunha oportunidade para
coñecer o mar desde unha perspectiva próxima e auténtica, da man das propias
profesionais que manteñen viva esta tradición.
Cata coa adega
Paco & Lola
Na mañá do domingo
16 de agosto, a feira contará tamén coa colaboración da adega Paco &
Lola, que ofrecerá unha cata para achegar ao público os viños e a cultura
vitivinícola da nosa contorna.
Esta actividade
permitirá completar a experiencia da feira cunha proposta vinculada a outro dos
grandes sinais de identidade de Cambados e do Salnés: o viño albariño e a
Denominación de Orixe Rías Baixas.
Exposición de
vehículos grazas a Renault Cambados
A Feira do Comercio
e do Mar incorporará este ano unha nova proposta relacionada coa automoción.
Grazas á colaboración do concesionario Renault Manuel Mosteiro e Hijos de
Cambados o recinto contará cunha exposición de vehículos que o público
poderá coñecer durante a celebración do evento.
A presenza de
Renault amplía a variedade de sectores representados e reforza o carácter
aberto e dinámico dunha feira na que o comercio local, os servizos e as
empresas da zona serán os grandes protagonistas.
Inauguración con
Boudebou Gaiteiros
A inauguración
oficial terá lugar o venres 14 de agosto ás 12:00 horas e contará coa
música tradicional do cuarteto de gaitas Boudebou Gaiteiros.
A súa actuación
servirá para dar comezo a tres días de compras, gastronomía, cultura mariñeira
e actividades nun dos espazos máis emblemáticos de Cambados.
Unha feira para
toda a familia
A Feira do Comercio
e do Mar está concibida como unha proposta para todos os públicos. Durante as
tres xornadas, o Paseo da Calzada converterase nun espazo no que pasear,
mercar, descubrir produtos e servizos e desfrutar da gastronomía.
Mercar no comercio
local significa contribuír á economía de Cambados, apoiar os pequenos negocios,
manter vivas as nosas rúas e apostar por un modelo comercial próximo,
profesional e de calidade.
Agardámosvos os días 14, 15 e 16 de agosto no Paseo da Calzada. O noso comercio, o noso mar e a nosa xente serán os grandes protagonistas.