A Asociación de Comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe a segunda edición da exitosa campaña de reactivación do comercio local que nesta ocasión leva por nome Vales de Primavera 3×2. A campaña desenrolarase entre o 26 de abril de 2021 e o 31 de maio 2021, aínda que se abre o prazo de reserva de vales a partir de mañá 15 de abril, segundo se establece nas seguintes bases.

BASES DA CAMPAÑA VALES DE PRIMAVERA 3X2

  1. A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, poñen en marcha, baixo a denominación VALES DE PRIMAVERA 3X2 esta campaña, co obxectivo de contribuír á reactivación dos sectores comercial e hostaleiro de Cambados, incentivando a compra nos establecementos asociados para axudar deste xeito á superación dos efectos secundarios provocados pola pandemia provocada polo COVID-19.
  2. A campaña desenrolarase entre o 26 de abril de 2021 e o 31 de maio 2021.
  3. O Concello aportará a cantidade de 10.000 euros para a emisión de 1000 lotes de vales compra, por valor de 30 €, repartidos en tres vales compra de 10 euros cada un deles. Deste xeito, asegúrase un investimento mínimo de 30.000 euros que repercutirán directamente nos establecementos participantes na campaña.
  4. O custo de adquisición para os clientes será de 20 €, obtendo un valor en vales compra de 30 €, asumindo por tanto o Concello 10 euros por lote de vales compra.
  5. O número máximo de lotes que pode comprar un cliente é de 2.
  6. Os menores de 16 anos non poderán comprar vales.
  7. Sólo se poden agrupar un máximo de 2 lotes de vales por compra (60 Euros).
  8. Os clientes deberán adquirir os vales compra nos seguintes puntos de venta a partir do 26 de abril:
  • As oficinas da asociación Cambados Zona Centro (Rúa Nova, 4 • Telf. 986 52 09 02 #742 )
  • Seguros Juan Rey (Avda. de Vilariño, 41 • Telf. 986 54 26 86)
  • Seguros J Noval (Rúa Os Píos, 1 Baixo – esquina Rúa A Mariña • Telf. 986 07 18 51)

Así mesmo, tamén se admitirán reservas a partir do 15 de abril a través do FORMULARIO DE RESERVA, ou no seguinte código QR:

Se o importe da compra é inferior ao importe do vale non se devolverá efectivo. Igualmente, os vales non son cambiables por diñeiro. No caso de que se produza unha devolución o establecemento deberá emitir un vale polo importe íntegro da compra, sen cartos en efectivo.

Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, SELADOS E ACOMPAÑADOS OBRIGATORIAMENTE DA COPIA DOS TICKETS OU FACTURAS DE VENDAS, para o seu abono. Sen o selo ou a copia do ticket de compra, non se fará efectivo o pago.

A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

Máis artigos

Día do Pai 2026

A asociación Cambados Zona Centro pon en marcha unha nova edición dos seus bonos ao consumo que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Día do Pai. A partires do luns 16 e ata o

Ler máis »

Axudas ao emprendemento 2026

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade dende o 1 de xaneiro de 2024. BENEFICIARIOS Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.b) Ter presentado, de

Ler máis »

Bonos Autónomos 2026

Resumo da información sobre as axudas para autónomos publicadas no DOGA do mércores 4 de febreiro de 2026. Establécense cinco programas específicos: 1.- Programa de Promoción do Emprego Autónomo (TR341D). Obxectivo: Apoiar persoas desempregadas que desexen iniciar unha actividade empresarial ou profesional por conta propia.Liñas de axuda:     Subvención para o inicio de actividades económicas.     Axuda equivalente ao custo da

Ler máis »

Proyectos de inversión en actividades no agrícolas (MR708A)

Objeto Ayuda destinada a financiar proyectos de inversión en actividades empresariales no agrícolas apoyando la adquisición de bienes de equipo inherentes a la actividad empresarial con el fin de mejorar, ampliar o modernizar sus estructuras de producción y/o servicios. Plazo de presentación Plazo abierto desde el 20/01/2026 hasta el 19/02/2026 en régimen de concurrencia competitiva(por puntuación). Ayuda sujeta a Mínimis. 

Ler máis »

Bonos de Outono 2025

Volven os Bonos de Outono. A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados presentan a edición 2025 da campaña Bonos de Outono Día, que ten como obxectivo contribuir á promoción e dinamización dos sectores comercial hostaleiro e de servizos de Cambados, incentivando para elo á compra nos establecementos asociados a campaña nas datas previas á campaña do Nadal. A partires

Ler máis »
¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.