AXUDAS AO EMPRENDEMENTO para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que se atopen de alta e iniciaran a súa actividade dende o 1 de xaneiro de 2024.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2024 ata a data de presentación da solicitude.
d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6º. Gastos notariais e/ou rexistrais (gasto corrente).
7º. Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade para a que se solicita a subvención (gasto corrente).
A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables se cumplen os requisitos establecidos na orde de convocatoria

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 1 de xullo de 2025 ata a data da presentación da solicitude.

Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos.

INTENSIDADE DA AXUDA

A contía da axuda regularase en función do de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ata 20.000 €, a contía da axuda será do 55 % do investimento.
b) Con investimentos de 20.001 € ata 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ata 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 31 de xaneiro ao 2 de marzo de 2026.

NORMATIVA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260130/AnuncioG0767-291225-0002_gl.html

Fecha Inicio:
31/01/2026

Fecha Fin:
02/03/2026

Beneficiario:
Autónomos e pequenas empresas

Segmento:
Galicia

Concepto:
Varios gastos

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en su ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas da web, etc.