
Chega o mes de setembro, e con el a Volta ao Cole no comercio local.
Co fin de premiar a fidelidade d@s clientes/as que mercan no comercio local do Concello, premiaremos as compras realizadas entre o 1 e o 20 de setembro, co sorteo de 600 euros en vales compra
Mecánica da campaña
- Realiza as túas compras no comercio local asociado entre o 1 e o 20 de setembro de 2025.
- Rexistra o teu ticket ou factura de compra na web da asociación cambadoszonacentro.com
- Cada rexistro correcto será unha participación na campaña, e unicamente estará habilitado ente o 1 e 20 de setembro.
- Entre todos os rexistros realizados, sortearanse un total de 6 premios consistentes nun vale compra por importe de 100 euros cada un deles. Cada rexistro correcto será unha participación na campaña
- O sorteo realizarase o 22 de setembro de 2025
- Aos gañadores notificaráselle tal circunstancia segundo os seus datos de rexistro, así como a data de entrega do premio.
O formulario de rexistro estará dispoñible na dirección web www.cambadoszonacentro.com/sorteo, entrando directamente na web ou a través do código QR do cartel da campaña..
