Chega o Día da Nai, e para celebralo repartiremos 1.000 euros en vales compra. Tan só tes que comprar no comercio local e pedir o teu rasca. Poderás comprobar no momento se es un dos afortunados.
E se non che toca, non te preocupes. Terás unha segunda oportunidade. Rexistra a túa compra no formulario da nosa paxina web e participarás no sorteo dunha estancia familiar de fin semana a Cantabria con entradas para o Parque de Cabárceno e para o Museo Xurásico de Asturias.
As bases polas que se rexe a presente promoción son as seguintes:
- A campaña desenrolarase entre o 13 de abril e o 3 de maio de 2026.
- Coa súa compra, os clientes recibirán un rasca co que poderán acadar ata 1.000 euros en vales compra (repartidos en 100 premios de 5 euros; 40 de 10 euros y 4 premios de 25 euros). Estes vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados á asociación Cambados Zona Centro, e non se poderán trocar por diñeiro nin se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 30 de xuño de 2025.
- Ao tratarse dun premio directo, os gañadores poderán empregar o rasca premio a modo de vale compra.
- Ademais, sortearase unha estancia de fin de semana (2 noites) en Cantabria para 1 familia (2 adultos e 2 nenos de ata 12 anos), aloxados no Hotel Torresport 4* con entradas de 1 día para o Parque da Natureza de Cabárceno e entradas para o Museo Xurásico de Asturias, en Colunga, válida para o ano 2026 (ata o 23 de decembro e excepto para o período 13/07 a 31/08).
- O sorteo desta fin de semana en Cantabria realizarase o día 7 de maio entre todos os clientes que formalicen o rexistro da súa compra no formulario habilitado ao efecto na paxina web www.cambadoszonacentro.com. Ao gañador notificaráselle o premio por teléfono, así como a data de entrega do mesmo.