Resumo da información sobre as axudas para autónomos publicadas no DOGA do mércores 4 de febreiro de 2026.
Establécense cinco programas específicos:
1.- Programa de Promoción do Emprego Autónomo (TR341D).
Obxectivo: Apoiar persoas desempregadas que desexen iniciar unha actividade empresarial ou profesional por conta propia.
Liñas de axuda:
Subvención para o inicio de actividades económicas.
Axuda equivalente ao custo da cota reducida durante 12 meses ou 24 meses.
Requisitos: Inscrición previa como demandante de emprego e alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
Accións subvencionables:
- Custos iniciais relacionados co inicio da actividade económica ou profesional.
- Cota reducida da Seguridade Social durante os primeiros 12/24 meses
Contías:
2.000 € para persoas autónomas xerais.
4.000 € para colectivos específicos como mozos menores de 30 anos, maiores de 52 anos, persoas con discapacidade, desempregados de longa duración e mulleres.
Incrementos adicionais adicionais do 15% se a actividade se desenvolve en municipios rurais, mulleres, maiores de 45 anos, persoas trans ou se o negocio pertence a sectores con subrepresentación feminina.
2.- Bono Nova Oportunidade (TR790A)
Obxectivo: facilitar o regreso á actividade emprendedora tras un cesamento anterior.
Requisitos:
Inscrición como demandante de emprego.
Alta como autónomo/a nun novo negocio.
Contías subvencionables:
Subvención base: 7.500 € por persoa autónoma.
Incrementos: 500 € adicionais se a persoa beneficiara é unha muller
3.- Bono Autónomo (TR341Q).
Obxectivo: Consolidar proxectos empresariais que superasen os 42 meses de actividade coa finalidade de mellorar a competitividade e garantir a sustentabilidade a longo prazo.
Accións subvencionables:
Compra de maquinaria.
Mellora da eficiencia enerxética do negocio.
Substitución de combustibles fósiles por enerxías limpas.
Compra de utillaxe e ferramentas para mellora-la produtividade.
Reformas ou ampliacións do local do negocio.
Adquisición de equipamento informatico (ordenadores, software, aplicacións informáticas, etc.).
Equipamento de oficina ou negocio
Rótulos
Aplicacións informáticas, creación e desemvolvemneto de paxinas web, apps e redes socias, incluíndo deseño de marca.
Intensidade da axuda: 60% do investimento ata un máximo de 7.000 €.
4.- Bono Remuda Xeracional (TR353D).
Obxectivo: evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional.
Intensidade da Axuda:
70% sobre un importe máximo subvencionable de 30.000 € (75% no caso de que o negocios esté situado nun concello rural)
Incrementos do 5% no suposto de que o adquirente sexa menor de 30 anos, sexa muller, desempregado de longa duración, ou no caso de que o negocio teña mais de 5 traballadores.
5.- Axudas á Conciliación (TR341R).
Obxectivo: apoiar aos autónomos/as na conciliación laboral e familiar.
Liñas de axuda:
- Concilia I: Axudas para a contratación dunha persoa para apoio no negocio durante o periodo de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.
- Concilia II: Axudas para a contratación dunha persoa para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
- Concilia III: Apoio nos custos dos centros de coidadopara servizos de coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Contías subvencionables:
Programa Concilia I: 1.100 € por mes completo para contratar unha persoa durante o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento. 7.500 € adicionais se este contrato se transforma en indefinido unha vez rematado o periodo de descanso, puidendo acadar os 9.000 € segundo o colectivo do empregado.
Programa Concilia II: 7.500 € (puidendo acadar os 9.000 €) pola contratación indefinida a tempo completo para a axuda no coidado de menores ou maiores.
Programa Concilia III: o 75%, ata un maximo de 3.000 € dos costes dun centro ou do servizo de coidado de menores, maiores ou persoas con discapacidade ou dependencia.