Actividades do CCA
- CAMPAÑA DOS NAMORADOS: Durante a campaña do día dos namorados, realízase un sorteo de agasallos para os clientes dos establecementos socios que merquen durante esta campaña. Ás veces son vales compra que poden canxear nestes propios establecementos e outras veces outro tipo de agasallos. Tamén nalgunha ocasión se fai algunha actividade de promoción nas rúas.
- CAMPAÑA DO DÍA DO PAI E DO DÍA DA NAI: Unhas veces fanse campañas conxuntas e outras por separado. En ambos casos faise un sorteo entre os clientes do CCA que mercaron nos establecementos socios, normalmente con varios agasallos, spas, ceas, estancias en hoteis, sesión de peluquería, reloxios deportivos….ou vales compra. Soen realizarse actividades nas principais rúas comerciais
- FEIRA DE OPORTUNIDADES: Para os socios que queiran participar alugando algún stand, organizamos a Feira de Oportunidades, normalmente en Agosto, encargándonos dos permisos e a publicidade
- CAMPAÑA DE NADAL: Todos os anos ponse en marcha o popular «Mercado de Nadal», que reúne a gran cantidade de comerciantes e clientes. Ademais da posta en marcha do sorteo de premios por compras en establecementos asociados e múltiples actividades de animación na rúa