Zona Centro xestiona a creación dunha zona de aparcadoiros en Cambados

A asociación Cambados Zona Centro acaba de asinar un convenio de aluguer de varias parcelas na contorna de Fefiñáns, mediante o cal se van a crear preto de 100 prazas de aparcadoiro en Cambados.

A nova zona de aparcadoiros ocupa unha superficie duns 2.000 metros cadros. A intención da asociación é que estea dispoñible para uso gratuito de todos os veciños e visitantes antes de que finalize o ano.

Esta actuación busca paliar na medida do posible a problemática de falta de prazas de aparcadoiro que sofre Cambados, e que se puxo de manifesto este último verán. Dentro desta mesma dinámica, Zona Centro tratará de apoiar a creación doutras zonas de aparcadoiro noutros puntos do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *