Zona Centro traslada ao Concello o malestar dos hostaleiros coas inspeccións de terrazas

Os directivos da asociación, Juan Rey e Miguel Solla, mantiveron unha reunión coa alcaldía do Concello de Cambados, na que se lle dou traslado, entre outras cuestións, do malestar existente entre a hostalería cambadesa, como consecuencia das inspeccións realizadas pola policía Local de diferentes terrazas.

Ata a data, o tempo non foi moi bo, e agora que empezan a verses os primeiros turistas e que apetece sentarse nunha terraza, non se entende as inspeccións ás que se están a someter a este sector. Entre as cuestións abordadas, plantexouse a posibilidade da modificación da ordenanza municipal para regular outras cuestión como os botellóns, ou a utilización de televisións no exterior dos locais.

Tamén se abordou a necesidade de aumentar o numero de prazas de aparcadoiro, dada o aumento de rúas nas que xa non se pode estacionar, tales como rúa Castelao, Isabel II ou Pardo Bazán, así como a correcta sinalización destas zonas co fin de evitar que se teña que multar os condutores que por descoñecemento seguen a estacionar nestas rúas.

O Rexistro Municipal de Furanchos tamén tivo o seu oco na reunión, e é que o seu correcto funcionamento é a formula que ten a administración de garantir a legalidade destes establecementos, facendo un control sanitario dos mesmos, co fin de garantir a súa hixiene en beneficio dos seus clientes.

Para finalizar, tratouse a vindeira feira de oportunidades, que organiza a asociación, e  que como é tradicional se realiza no terceiro fin de semana de agosto (días 15 16 e 17), para coordinar co Concello unha serie de servizos básicos como son unha zona de carga e descarga para o evento, ou a colocación de baños públicos, todo elo co fin de garantir unha correcta xestión do espazo público, durante un evento que na última edición tivo unha afluencia de case 35.000 persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *