Zona Centro sortea 600 euros na campaña do Día do Pai
Cambados Zona Centro presentou hoxe a súa campaña do Día do Pai na que sorteará 600 euros en vales de compra entre os clientes. A campaña foi presentada polo presidente da asociación Juan Rey, e contou coa presencia do Concelleiro de Economía, D. Xurxo Charlín.
A campaña sortea 6 vales de compra repartidos en 200, 100 e catro de 50 euros. Ademais sortearase unha estancia de dúas noites con entrada ao parque de Cabárceno en Cantabria.