Zona Centro sortea 1300 euros entre os seus clientes

Cambados Zona Centro presentou a súa campaña de Nadal na que repartirá 1.300 euros en vales de 500, 300, 200, 100 e 50 euros, que deberán ser gastados nos establecementos asociados. Cada comercio disporá de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes co límite de cinco por compra. Estes deberán cubrilos cos seus datos persoais para poder así entrar no sorteo que se celebrará en xaneiro do 2017.

Zona Centro e Concello de Cambados presentaron o programa de actividades lúdicas e culturais para este Nadal en Cambados. O programa arrincou onte co inicio da campaña de recollida de xoguetes usados «Cada neno un xoguete».

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *