Zona Centro presentou o VIII Concurso de Camisetas do Albariño 2014
Cambados Zona Centro presentou no día de onte o VIII Concurso de Camisetas do Albariño, no que semantén a contía de 600 euros en premios, con un primeiro premio dotado de 300 euros, un segundo de 200 euros, e un terceiro de 100 euros. A continuación pódese consultar as bases do concurso e o cartel oficial.
BASES DO VIII CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO
1.- Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos e persoas que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse.
2.- A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de resultar gañadores, debe ser maior de idade.
3.- A temática das camisetas, é libre, sen que, ainda que se trate de parodias, se poida ofender a a calquera persoa física ou xurídica.
4.- Para facer a inscrición, o representante do grupo deberá cubrir a folla de inscrición e depositar unha camiseta para que o xurado poida facer a valoración pertinente. A asociación pasará a posuír os dereitos de imaxe sobre a camiseta depositada, pudendo entre outros, expoñela publicamente ou utilizala como imaxe publicitaria.
5.- A inscrición deberá formalizarse nas oficinas da asociación, na Rúa Ourense número 8, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
6.- O último día para realizar a inscrición é o venres 1 de agosto ate as 13:00 horas.
7.- O xurado estará composto por 3 socios da asociación Cambados Zona Centro.
8.- Establécense os seguintes premios:
1o Premio: 300 euros.
2o Premio: 200 euros.
3o Premio: 100 euros.
9.- A entrega de premios será o sábado 2 de agosto, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cambados.
10.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.