Zona Centro presentou o IX Concurso de Camisetas do Albariño

A asociación de comerciantes Zona Centro presentou o IX Concurso de Camisetas do Albariño. O acto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Cambados e contou coa presenza de varios representantes do goberno local.

BASES DO IX CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO

1.- Poderán presentarse a este concurso tódolos grupos e persoas que o desexen, non existindo ningún importe de inscrición por presentarse.

2.- A persoa que inscribe ó grupo, e que recollerá o premio no caso de resultar gañadores, debe ser maior de idade.

3.- A temática das camisetas, é libre, sen que, ainda que se trate de parodias, se poida ofender a calquera persoa física ou xurídica.

4.- Para facer a inscrición, o representante do grupo deberá cubrir a folla de inscrición e depositar unha camiseta para que o xurado poida facer a valoración pertinente. A asociación pasará a posuír os dereitos de imaxe sobre a camiseta depositada, pudendo entre outros, expoñela publicamente ou utilizala como imaxe publicitaria.

5.- A inscrición deberá formalizarse nas oficinas da asociación, na Rúa Ourense número 8, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

6.- O último día para realizar a inscrición é o venres 31 de xullo ate as 13:00 horas.

7.- O xurado estará composto por 3 socios da asociación Cambados Zona Centro.

8.- Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 300 euros.

2º Premio: 200 euros.

3º Premio: 100 euros.

9.- A entrega de premios será o sábado 1 de agosto, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cambados.

10.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *