Zona Centro presentou hoxe a campaña Primavera 2017

Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña Primavera 2017, que levará a cabo a asociación de comerciantes baixo o lema «Esta primavera dámosche 1300 razóns para sorrir». O acto foi presentado polo presindente da asociación, Juan Rey, que estivo acompañado pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, polo concelleiro de Servicios Sociales, Constantino Cordal, e polo de Obras e Enoturismo, José Ramón Abal Varela.

 

Bases da Campaña PRIMAVERA 2017

 

1.- A presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas de cara a celebración da tempada de Primavera, e especialmente de cara á celebración do Día da Nai, mediante o sorteo de 1.300 €, repartidos como segue:

  •  1 vale compra por importe de 300 €. (dividido en 1 vale de 100 € e 8 vales de 25 €)
  •  2 vales compra por importe de 200 €. (dividido en 1 vale de 50 € e 5 vales de 25 €)
  •  5 vales compra por importe de 100 € cada un. (divididos en 4 vales de 25 €)
  •  1 vale Degustación para unha cea por un importe máximo de 100 €

2.- Os vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados á Asociación Cambados Zona Centro, coas seguintes condicións:

  •  vale compra de 300 € à un mínimo de 100 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
  •  vale compra de 200 € à un mínimo de 50 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
  •  vales compra de 100 € à un mínimo de 25 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
  •  vale Degustación à debe ser consumido nun único establecemento hostaleiro (non se pode fraccionar).

3.- Dos vales non se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 30 de xuño de 2017.

4.- Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados dos tikets de venta, para o seu abono.

5.- Para participar no sorteo, os clientes dos establecementos deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto, unha papeleta coa cal poderán participar no sorteo. Ó gañador notificaráselle o premio por teléfono, así como a data de entrega dos premios.

6.- Cada establecemento recibirá 300 boletos, que repartirá entre os seus clientes co límite máximo de 5 por compra. Tendo en conta este límite, cada establecementos poderá repartir os boletos segundo o seu criterio (prégase o seu reparto de xeito axeitado e responsable).

7.- Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados, así como tampouco se admitirán boletos dos seus empregados ou familiares directos, selados no seu establecemento.

8.- As papeletas deberán ser entregadas nas oficinas da Asociación, antes das 12:00 horas do dia 12 de maio. O sorteo realizarase o mesmo dia 12 de maio, ás 13:00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

9.- Tódalas papeletas deberán vir obrigatoriamente seladas polo establecemento. Aquelas papeletas que non veñan seladas non participarán no sorteo.

10.- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *