Zona Centro presentou hoxe a campaña de Nadal 2014
Zona Centro presentou hoxe a súa campaña de Nadal 2014 na que repartirá 1.200 euros en vales de compra entre os clientes que fagan as súas compras de Nadal nos establecementos asociados.
O presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, presentou hoxe a campaña de Nadal na que o comercio cambadés volve a facer un esforzo promocional sorteando 1.200 euros en vales desconto entre os clientes que apostan por facer as suas compras no comercio local.
Bases da Campaña NADAL 2014
1.- A presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas de cara a celebración da tempada de Nadal, mediante o sorteo de:
- 1 vale compra por importe de 600 €. (dividido en 1 vale de 200 € e 16 vales de 25€)
- 1 vale compra por importe de 300 €. (dividido en 1 vale de 100 € e 8 vales de 25€)
- 1 vale compra por importe de 200 €. (dividido en 1 vale de 75€ e 5 vales de 25€)
- 1 vale compra por importe de 100 €. (dividido en 1 vale de 50€ e 2 vales de 25€)
2.- Os vales compra poderán ser consumidos en calquera dos establecementos asociados á Asociación Cambados Zona Centro, coas seguintes condicións:
- 1 vale compra de 600 € un mínimo de 200 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
- 1 vale compra de 300 € un mínimo de 100 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
- 1 vale compra de 200 € un mínimo de 75 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
- 1 vale compra de 100 € un mínimo de 50 € deberán ser gastados no establecemento que outorgue o premio.
3.- Dos vales non se devolverá cambio, e terán como límite para o seu consumo o 28 de febreiro de 2015.
4.- Os establecementos que reciban estes vales, deberán entregalos nas oficinas da asociación, acompañados dos tikets de venta, para o seu abono.
5.- Para participar no sorteo, os clientes dos establecementos deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto, unha papeleta coa cal poderán participar no sorteo. Ó gañador notificaráselle o premio por teléfono, así como a data de entrega dos premios.
6.- Cada establecemento recibirá 200 boletos, que repartirá entre os seus clientes co límite de 5 por compra. Tendo en conta este límite, cada establecementos poderá repartir os boletos segundo o seu criterio (prégase o seu reparto de xeito axeitado e responsable).
7.- Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados, así como tampouco se admitirán boletos dos seus empregados ou familiares directos, selados no seu establecemento.
8.- As papeletas deberán ser entregadas nas oficinas da Asociación, antes das 12:00 horas do día 09 de xaneiro. O sorteo realizarase o mesmo dia 09 de xaneiro, ás 13:00 horas, no Salón de Plenos do Concello.
9.- Tódalas papeletas deberán vir obrigatoriamente seladas polo establecemento. Aquelas papeletas que non veñan seladas non participarán no sorteo.
10.- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.