Zona Centro presentou hoxe a campaña «Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!»
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, xunto o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e o presidente de Zona Centro, Juan Rey, presentaron hoxe a campaña de dinamización comercial «Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!», que se desenvolverá ao longo do mes de novembro no centro comercial aberto da vila.
O obxetivo desta campaña e impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán durante todo o mes un cupón, que lles permitirá participar nun xogo en liña a través da páxina web www.maisquecomercio.com
Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a un dos 700 euros en vales compra que se sortearán ao longo de toda a campaña, así como bolsas reutilizables ou paraugas. Os vales compra repártense da seguinte maneira:
- 1 de 200 euros
- 2 de 100 euros
- 2 de 50 euros
- 8 de 25 euros
Ao remate da campaña, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.
Esta iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio percorre os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, co obxectivo de resaltar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.
Ao mesmo tempo, tal e como sinalou a directora xeral de Comercio, destácase o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.