Zona Centro presenta unha nova edición da campaña Cambados Namora

Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña «Cambados Namora» coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2020.

Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras «Cambados», «Bicos», «Amor» e «Love», que servirán como escenario para conseguir un dos dous premios da campaña.

O primeiro, unha escapada romática valorada en 100 euros. O segundo, unha cea romántica nalgún dos establecementos asociados valorada en 60 euros. Para iso, os interesados terán que subir unha foto co hashtag #cambadosnamora a Facebook, Instagram ou Twitter nalgún dos puntos antes mencionados. As dúas fotos con máis «Me Gusta» serán as gañadoras do concurso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *