Zona Centro presenta IV edición do Concurso de Pinchos 2015

A asociación Cambados Zona Centro presenta a IV edición do concurso “de pichos, ….por Cambados”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio.

Na presente edición serán 8 establecementos de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ao prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h.

1. A DOS PIÑEIROS

– Pementos de piquillo recheos de marisco.

– Crema de verduras con vieira.

2. PARADOR

– Pastel de lacón con grelos.

– Pementos de Vilariño recheos de queixo de San Simón.

3. VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS

– Xouba rechea de Pementos e queixo de Arzúa.

– Chipirón con tempura negra e alioli de lima.

4. O CRUCEIRO

– Ensalada de polbo.

– Tempura de sepia sobre base de figos.

5. A TABERNA DO TRASNO

– Tataki de atún.

– Tomate asado con tetilla.

6. A ESQUINA DA MEIGA

– Tosta de palometa e queixo galego.

– Revolto de primavera con arroz negro.

7. TAPERIA REAL

– Roliño de leituga con sorpresa do mar.

– Verduras templadas con zamburiñas.

8. A CASA MIGUEL

– Timbal de bacalao con verduras.

– Tosta de secreto ibérico con setas en reducción de trufas.

 

Cada local participante poñerá a disposición dos seus clientes as papeletas de votación, nas que se deberán valorar do 1 ao 5, cada un dos pinchos, entendendo 5 como a máxima puntuación. Na presente edición, contaremos como novidade, coa existencia dun xurado, que estará formado por un representante da hostalería local, un representante do Concello, e un representante da asociación Cambados Zona Centro. Así, o gañador do concurso será aquel establecemento, cuxo pincho acade a maior puntuación media, sumando a votación popular e a valoración do xurado.

Para os nosos clientes, a asociación sorteará entre todos aqueles que percorran os establecementos participantes, unha cesta de produtos “gourmet”, así como 8 vales compara de 25€ cada un.

Con motivo destas xornadas, o sábado 30, ás 18.30 horas, no Salón José Peña, realizarase un taller gratuíto de corte de xamón. Ademais, na Praza do Concello, teremos a ocasión de ver o coche do equipo “Galventus Team”, gañador do rallie solidario “Clio Raid Marraquech”, organizado polo expiloto Chus Puras, e patrocinado pola asociación Cambados Zona Centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *