Zona Centro presenta a quinta edición do seu Desfile de Moda

Cambados Zona Centro presentou onte a quinta edición do desfile de moda que contará coa participación dunhas vinte tendas que mostrarán as súas novidades para a campaña outono-inverno. O evento celebrarase no Salón José Peña o día 24 de novembro, a partir das 18.00 horas.

O desfile contará cun pase especial que conmemora a Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais do desfie, haberá outras actividades como unha ludoteca para os máis pequenos.

O evento foi presentado no salón de plenos do Concello de Cambados polo presidente de Zona Centro, Juan Rey, acompañado do concelleiro de Economía, Xurxo Charlín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *