Zona Centro presenta a Feira de Oportunidades 2015
Zona Centro presentou hoxe a Feira de Oportunidades 2015 que servirá para que o comercio local poña a venda as últimas unidades do seu stock a uns prezos inmellorables os vindeiros 14, 15 e 16 de agosto. Á presentación contou coa presencia de Juan Rey, presidente de Zona Centro, Xurxo Charlín e Constantino Cordal, concelleiros do Concello de Cambados, e Augusto Chaves, xerente da asociación Esperanza Salnés.
FEIRA DE OPORTUNIDADES 2015
– Lugar de realización: Paseo da Calzada s/n – Cambados.
– Data de realización: días 14, 15, e 16 de agosto de 2015.
– Horario: Ininterrompido de 11:00 a 23:00 horas
– Dimensión total da feira: 1.000 m2.
– Destinado a exposición: 400 m2.
– Número e dimensión dos postos: 42 postos de 3×3 metros repartidos en 13 ocos de 1 módulo, 9 ocos de 2 módulos, 2 ocos de 3 módulos, e 1 oco de 5 módulos.
– Número de expositores: 28 expositores, dos cales 20 son de Cambados e 8 forános (1 de O Grove, 1 de Portonovo, 1 de Ribadumia, 2 de Vilanova de Arousa, 1 de Vilagarcía de Arousa, 1 de Boiro, 1 de Lalín)
– Sector comercial e produtos: Téxtil, calzado, deporte, e decoración