Zona Centro presenta a campaña «Pinchos de Outono»

Cambados Zona Centro presentou hoxe a campaña Pinchos de Outono, que se vai a celebrar en Cambados do 21 o 23 de outubro e do 28 o 30 do mesmo mes.

Pinchos de Outono contará coa participación de nove establecementos hostaleiros: A Casa de Miguel, A Dos Piñeiros, A Fonte do Viño, A Taberna do Trasno, Casa Catalina, O Casal, O Pósito, Parador de Cambados, Ribeira de Fefiñáns. Os pinchos terán un custe de 1 euro.

Os clientes que participen nesta campaña entrarán no sorteo de de 3 lotes do Consello Regulador das Indicacións das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, así como bonos para ceas degustación en cada un dos establecementos participantes. Ademais, entrarán nun sorteo de 20 euros en vales de compra por cada local visitado polo ganador, que pode ser gastado en calquera dos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.