Zona Centro presenta a campaña do día dos Namorados

Hoxe mércores, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación da campaña do día dos Namorados, que con tal motivo vai levar adiante a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro durante os vindeiros días.

A campaña foi presentada polos directivos da asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza e Mariana Lorenzo, xunto co Concelleiro de Económía Xurxo Charlín.

Na presente edición, a asociación sorteará entre tódolos seus clientes:

  • – Conxunto de pulseira home e muller “LOTUS” (cedido por Xoiería Fariña).
  • – Pulseira home e gargantilla muller “VICEROY” (cedido por Xoiería Enrique).
  • – Conxunto de cadea e colgante “Corazón partido” en prata de lei, (cedido por Xoiería Villar).
  • – Parella de reloxos home e muller “CASIO” (cedidos por Xoiería David).
  • – 1 cea para dúas persoas en calquera dos establecementos hostaleiros asociados.

O sorteo realizarase venres 17 ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *