Zona Centro presenta a campaña do Día dos Namorados 2015

Zona Centro presentou hoxe a campaña do Día dos Namorados 2015 que ten como obxetivo potenciar as redes sociais da asociación.

Para elo, o funcionamento desta campaña é moi sinxelo: os clientes que queiran participar e optar a gañar un fin de semana para dúas persoas no Parador de Cambados, tan só teñen que publicar no muro de Facebook  da asociación, (“cambadoscca” “www.facebook.es/cambadoszonacentro”) unha foto, cunha temática relacionada co Día dos Namorados. Aquela foto que obteña mais “me gusta” ata o día 20 de febreiro, será a gañadora do premio.

Para aqueles que prefiran o correo electrónico, tamén poderán enviar a foto a  cambadoszonacentro@hotmail.com , encargándose a asociación de publicala.

Adicionalmente, se na foto gañadora aparece unha referencia clara a un establecemento asociado, (ben porque se fixo no interior do local, ben porque se ve o seu rótulo, os fotografados aparecen cunha bolsa rotulada do establecemento, etc) esta establecemento será premiado cunha campaña publicitaria, da que poderán ser imaxe, sempre que o desexen, os gañadores da campaña.

A Campaña foi presentada polo secretario da Asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza, e polo teniente alcalde do Concello de Cambados, Antonio Pombo.

Bases da Campaña

1.- Á presente campaña ten por obxecto incentivalas ventas de cara a celebración do Dia dos Namorados, mediante o sorteo dunha fin de semana no Parador de Cambados, en réxime de media pensión.

2.- As datas nas que o gañador do concurso poderá disfrutar do premio estarán en todo caso suxeitas á dispoñibilidade de aloxamento no referido Parador.

3.- Para participar, os clientes dos establecementos deberán publicar unha foto, cunha temática relacionada co día dos namorados, ó muro de facebook da asociación: ”cambadoscca” “www.facebook.es/cambadoszonacentro”, ou se o prefire, enviala o correo electrónico cambadosznacentro@hotmail.com,

4.- A foto que reciba mais “me gusta” dende a súa publicación, ata o día 20 de febreiro ás 24:00 horas, será a gañadora do premio.

5.- Non poden participar na campaña os propietarios dos establecementos asociados.

6.- Adicionalmente, se na foto gañadora, se fai referencia a algún establecemento asociado (foto realizada no interior, diante do escaparate, etc.) de xeito que se poida identificar claramente o establecemento, este será agraciado cunha campaña publicitaria da cal será imaxe, se o desexa este) o propietario da fotografía gañadora do concurso. Esta campaña publicitaria será ben mediante a emisión dun spot televisivo na canle Rias Baixas durante un periodo dun mes, ou ben, a utilización dos soportes publicitarios da asociación, “mupis”, durante os meses de xuño e xullo de 2015.

7.- As presentes bases estarán a disposición daqueles clientes que as soliciten.

8.- A participación na campaña supón a aceptación das presentes bases.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *