Zona Centro presenta a campaña do Día do Pai
Cambados Zona Centro presentou hoxe a súa campaña do Dia do Pai 2014 na que se manten a mesma contía dos premios que en anteriores edicións. Zona Centro confía que este tipo de iniciativas axuden a fomentar o consumo nun momento moi complicado para o pequeno comercio.
Poderán participar no sorteo de vales de compra por valor de 300, 200 e 100 euros todas as persoas que fagan as súa compras nos establecementos asociados ata o 19 de marzo. O sorteo realizarase o 26 de marzo no salón de Plenos do Concello.