Zona Centro presenta a campaña “A volta ao cole, mellor no comercio de proximidade”

A Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, pon en marcha esta campaña de fidelización comercial, mediante a cal se repartirán cerca de 5.000 premios directos e 1.400 € en vales compra.

uan Rey Rodríguez, Presidente do CCA Cambados Zona Centro e, a súa vez, Vicepresidente da Federación Galega de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, presentou no día de hoxe a campaña “A VOLTA AO COLE, MELLOR NO COMERCIO DE PROXIMIDADE” que levarán a cabo as asociacións que compoñen dita Federación, (Compostela Monumental, Caldas CCA, Estrela de Marín, Zona Monumental de Pontevedra, Cuntis Vila Aberta, ACOE da Estrada e Cambados Zona Centro) dende hoxe, día 10 de setembro, ó 10 outubro, co obxectivo de incentivar as compras nos comercios de proximidade afiliados.

Dende a asociación, querese destacar que “esta é a primeira gran acción que se desenrola de forma conxunta entre os diferentes centros comerciais abertos e zonas comerciais urbanas de Galicia, que puxuemos en marcha esta Federación, cuxo obxectivo é defender, ante as administracións e a opinión pública, o importante papel social que desempeña o comercio tradicional establecido nos centros de vilas e cidades da nosa comunidade, e a súa unión e xestión conxunta por medio dos centros comerciais abertos e dos eixes comerciai”.

 O funcionamento da campaña de dinamización comercial é moi sinxelo:

  • Calquera cliente que realice unha compra nos establecementos asociados entre o 10 de setembro ó 10 de outubro recibirá un “boleto”, similar ós que se utilizan nas tómbolas, o cal lle dará a posibilidade de gañar un dos case setecentos regalos directos (mochilas, material escolar, material tecnolóxico, etc.) que se repartirán nos establecementos asociados a Cambados Zona Centro.
  • Ademais, aqueles clientes que non haxan tido a fortuna da gañar algún premio directo, poderán cubrir o boleto cos seus datos e así entrar no sorteo de 200 euros en vales compra (8 vales por valor de 25 € cada ún) e que se celebrarán nas diferentes asociacións participantes ó 13 de outubro ás 13:00 horas.

Esta campaña conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *