Zona Centro pon en marcha unha nova edición do Concurso de Camisetas do Albariño
Zona Centro e Concello de Cambados poñen en marcha unhanova edición do concurso de camisetas do Albariño. O prazo para presentar os deseños estará aberto ata o próximo día 3 de agosto. A temática é libre. Os mellores deseños gañarán 600 euros en bonos para gastar nos comercios de Zona Centro, repartidos da seguinte forma: 100 euros para o terceiro posto, 200 para o segundo e 300 para o gañador.