Zona Centro organiza unha Xornada de Degustación de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Organizado pola asociación Cambados Zona Centro en colaboración co Concello de Cambados, ofrecerase unha degustación dos destilados de calidade e orixe galegos.

O Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados acollerá o próximo xoves 27 de abril a Xornada Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A cita, organizada de modo conxunto polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, e a asociación de empresarios Cambados Zona Centro en colaboración co Concello cambadés, comezará ás 17.00 horas.

A sesión estará dirixida pola vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, quen explicará aos asistentes as cualidades diferenciadoras dos destilados galegos coa Indicación Xeográfica e de calidade certificada. A asistencia a cita é totalmente gratuíta e realizarase por orden de inscrición, dado o número limitado de plazas. A reserva poderase formalizar cun correo electrónico a info@cambadoszonacentro.com ou a través do teléfono 986 520 902 (ext. #742).

Esta actividade englobase dentro do programa anual de promoción do Consello Regulador. A través das diversas catas e sesións formativas, búscase concienciar a profesionais e consumidores sobre a importancia de consumir destilados debidamente etiquetados. O mesmo tempo, infórmase sobre as funcións deste ente e os procesos de calidade aos que se someten Augardentes e Licores de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.