Zona Centro informa sobre a normativa que regula o uso das bolsas de plástico

O sábado 19 de maio, o BOE publicou o Real Decreto 293/2018, sobre redución do consumo de bolsas de plástico. Esta normativa ten como obxectivo incorporar ao ordenamento xurídico español, a Directiva (UE) 2018/720 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2015.

Coa publicación deste Real Decreto, entra en vigor a obrigacióna partires do 1 de xullo, de cobrar todas as bolsas plásticas repartidas nos comercios, tendas, ou calquera outro tipo de establecemento comercial. A normativa establece uns prezos orientativos, pero será cada comerciante quen estipule libremente o prezo de cada bolsa de plástico. Así mesmo, está obrigado a informar aos consumidores dos prezos establecidos para cada tipo de bolsa, expoñéndoos en lugar visible.

 

Prezos orientativos establecidos polo Real Decreto 293/2018 (IVE incluído):

Bolsas de plástico moi lixeiras » bolsas de plástico cun espesor inferior a 15 micras, que son necesarias por razóns de hixiene, ou que se subministran como envase primario para alimentos a granel, como froita, legumes, carne, peixe, entre outros, cando o seu uso contribúe a previr o desperdicio destes alimentos…………. Gratuíta

Bolsas de plástico moi lixeiras » bolsas de plástico cun espesor inferior a 15 micras, pero destinadas a usos diferentes do anterior…………………………………………………………………………………………………………… 5 céntimos/bolsa

Bolsas de plástico lixeiras » bolsas de plástico cun espesor comprendido entre as 15 e as 49 micras…………. 15 céntimos/bolsa

Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe mínimo do 70% de material reciclado………………………………………………………………………………………………………………….. Gratuíta

Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe de plástico reciclado de entre o  50 e o 70%…………………………………………………………………………………………. 10 céntimos/bolsa

Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe de plástico reciclado inferior ao 50%……………………………………………………………………………………………………. 15 céntimos/bolsa

Observación:  Cada comerciante estipulará libremente os seus prezos.

A partires do 1 de xaneiro de 2020, estará prohibida a comercialización de bolsas de mais de 50 micras cun porcentaxe inferior ao 50% de material reciclado.

A partires do 1 de xaneiro de 2021 estará prohibido a comercialización de bolsas de plástico que non sexan compostables.

Modelo de texto informativo:

Ao obxecto de cumprir coa obriga de información aos clientes, pódese empregar un cartel co texto:  ´

En aplicación da obrigación prevista no artigo 4.1 do Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico e polo que se crea o Rexistro de Produtores, a partir do 1 de xullo de 2018, cobrarase por cada bolsa entregada ao consumidor o seguinte prezo:

……….. céntimos/bolsa”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *