Zona Centro fai entrega dos premios do Día da Nai 2014
Hoxe levouse a cabo a entrega dos premios da campaña do dia da Nai 2014. Recordámosvos que nesta ocasión, co obxecto de promocionar as ventas de cara a dita celebración, a asociación Cambados Zona Centro sorteou 600 euros en vales compra repartidos en tres premios por importe de 100, 200 e 300 euros.
Os gañadores foron:
- Premio de 100 euros, para Ana Castro Nine de Cambados por un boleto selado no restaurante O Galo Negro.
- Premio de 200 euros para Mª Carmen Rial de Cambados pola súa compra en Dream.
- Premio de 300 euros para Patricia Trigo Buceta tamén de Cambados gracias a Peluquería Nuevo Estilo.
A entrega dos premios realizárona os representantes dos establecementos gañadores, e estiveron acompañados polo secretario da asociación Bruno Somoza, e polo teniente alcalde do Concello de Cambados Antonio Pombo.