Zona Centro fai entrega dos premios do concurso de pinchos 2015
Hoxe tivo lugar a entrega dos premios ós establecementos gañadores do concurso de pinchos que se levou a cabo o pasado fin de semana en Cambados.
O establecemento gañador nesta edición foi o Ribeira de Fefiñáns co «Chipirón con Tempura Negra e Alioli de Lima». O segundo posto foi para A Casa de Miguel coa súa «Tosta de Secreto Ibérico con Setas en Reducción de Trufas», e o terceiro posto foi para a Taberna do Trasno co «Tomate Asado con Tetilla».
Do mesmo xeito tamén se sortearon os premios para os clientes que deron percorrido tódolos establecementos participantes. Os vales compra de 25 euros foron para:
- Moisés López Gil Otero
- Juan Pan
- Marta Otero Pitos
- Nuria Bea Abal
- Helena Alvarez Baúlo
- Juan Rey Rodríguez
- Oscar Vazquez Ruibal
- Elisardo Abal Lago.
Pola súa parte a cesta de productos gourmet, cortesía da empresa de productos alimenticios Disalsa, recaeu en Ramón Paz.