Zona Centro fai entrega dos premios do concurso de debuxo “Postáis do Nadal” 2016

O Salón de Exposicións José Peña de Cambados acolleu hoxe o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo “Postáis do Nadal” 2016. Na edición deste ano os gañadores foron:

  • 1º premio:  Nerea Montenegro Dopazo de 4º curso do colexio de Castrelo.
  • 2º premio:  Aitana Cernadas Novas de 3º curso do colexio Antonio Magariños.
  • 3º premio, compartido entre:  Ernesto Pombo Mouriño de 5º curso do colexio San Tomé e Sabela Abal Morrazo, de 4º curso do colexio Enrique Barreiro de Vilariño.

Recordámosvos que o parque de atraccións do salón José Peñá estará aberto os días 23, 24, 30 e 31 de decembro en horario de 11:00 a 14:00 horas de 16:30 a 20:30 horas.

Aproveitamos a ocasión así mesmo para desexarvos un Bo Nadal e un ventureiro ano novo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.