Zona Centro fai entrega dos premios do Concurso de Camisetas do Albariño 2019

Cambados Zona Centro fixo entrega esta mañá dos premios para as mellores camisetas do concurso que organiza a asociación. Os gañadores foron «Os necoriñas», cun deseño onde se podía ler «Non me toque o acio» e por detrás «Que se me pon mala uva. E non se fai bo viño». O segundo posto foi para a peña «Perturverano», que tomaron como inspiración a serie Xogo de Tronos para facer un deseño onde se pode ler «Wine is coming». O terceiro posto foi para «Os Festasas», cun deseño que rezaba «En California Coachella, en Cambados boa chea».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *