Zona Centro entrega os premios os gañadores do concurso de pinchos «Acercando»

Hoxe celebrouse o acto de entrega das placas ós restaurantes gañadores do concurso de pinchos organizado pola asociación de comerciantes «Cambados Zona Centro», o cal estivo englobado dentro do proxecto «Acercando», organizado pola Mancomunidade do Salnés, e financiado a través do GAC5 Ria de Arosa.

Na presente edición, os gañadores, por votación popular foron:

  1. Restaurante A Dos Piñeiros, coa ensalada de xarda con queixo fresco
  2. A Taberna do Trasno, co Chupachú de sardiña anchoada e queixo galego e alfádega.
  3. O Vagoviños, coa Xarda en escabeche estilo Vagoviños.

O acto, no que estiveron presentes os representantes dos citados locais, foi presidido polo presidente da Mancolmunidade do Salnés, don Gonzalo Durán, e polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, don Juan Rey.

No transcurso do mesmo, tamén se sortearon os premiso entre os participantes, que este ano foron 13  vales consumión (un de cada local participante) e un premio especial de un vale compra da asociación Cambados Zona Centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *