Zona Centro entrega os premios do concurso de camisetas do Albariño 2014

Cambados Zona Centro entregou este medio día os premios do Concurso de Camisetas do Albariño 2014 no que participaron algunhas das peñas máis numerosas da festa. Nesta edición o primeiro premio de 300 euros en vales de compra foi para unha peña cambadesa de 47 membros que gañou co eslogan:

«Sabedes cal e o segredo para disfurtar dun bo Albariño? Abre unha botella, deixaa respirar. Mira se respira, e se non respira faille o boca a boca. Non falla».

O segundo premio foi para a peña Hoxe que…?, de 42 compoñentes, co lema: «A Garda da Noite-The wine is coming» basado no mundo da popular serie Xogo de Tronos e que eles transcribiron como «Xogo de Trompas». Para eles foron os 200 euros en vales de compra das tendas asociadas a Cambados Zona Centro.

O terceiro premio, dotado con 100 euros en vales de compra, foi para os 21 membros da peña «Os de Vilariño» -que xa gañaron un premio en edicións anteriores-, polo lema «O legado que Albariño: Estas nominado ao legado do Albariño, tes 30 segundos para encherme para beber viño».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *