Zona Centro convoca un concurso para embelecer Cambados durante a Semana Santa

A asociación de comerciantes Zona Centro presentou hoxe o primeiro Concurso de Embelecemento de Balcóns e Ventás da Semana Santa 2017, co que pretende realzar o encanto de Cambados durante as festividades. O acto de presentación asistiu o secretario da asociación Bruno Somoza, o Concelleiro de economía Xurxo Charlín, e o de Benestar Tino Cordal.

O concurso está aberto a todos os veciños, que participarán en dúas categorías, unha para balcóns e ventás, e outra para escaparates. A inscripción é gratuíta, e poderase facer do 1 ata o 11 de abril mediante correo electrónico ou en persoa, nas oficinas da asociación de comercio.

O gañador da categoría balcóns e ventás terán como premio un cofre regalo «Spa-Benestar» de fin de semana para dúas persoas, mentres que o da categoría escaparates obterá un cofre regalo «Casa Rural» dunha estancia de fin de semana para dúas persoas.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *