Zona Centro colabora coa I Mostra Internacional da Camelia que se celebra este fin de semana
Cambados Zona Centro colabora coa I Mostra Internacional da Camelia, que terá lugar este fin de semana, e na que participan uns vinte expositores, que competirán polo premio Cambados Cidade da Camelia de Ouro, ademáis de outros premios para cada unha das variedades: reticulatas, japónicas, híbridas, etc.
Entre as actividades organizadas destacan unha comida oficial, talleres e contacontos para nenos e a música en directo da intérprete de soul Iria Mejuto. A programación foi prentada polo concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño acompañado polo presidente da Asociación Ibérica da Camelia, o cambadés José María Mouta.