Zona Centro celebra a boa acollida que está tendo o novo aparcadoiro público gratuito

Zona Centro celebra a boa acollida que está acadando o novo aparcadoiro público gratuíto situado na Avenida do Salnés. O aparcadoiro foi aberto o público o pasado 19 de marzo, despois de sufrir un profundo acondicionamento.

O resultado das obras foi comprobado persoalmente polo alcalde, Luis Aragunde, xunto co presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey. A intervención realizada consistiu no afirmado do solo con xabre e rego asfáltico para facilitar o seu uso como aparcadoiro de vehículos.

Dende a súa posta en marcha, a ocupación media do aparcadoiro está sendo moi alta, por todo elo, Zona Centro quere convidar os seus clientes a que o usen de xeito regular para facer as súas compras con comodidade no comercio local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *