Zona Centro acada o compromiso do alcalde de crear bolsas de aparcamento alternativo

No dia de hoxe mantívose unha segunda reunión de traballo entre a Asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados, coa finalidade de establecer as bases de colaboración de cara a organización dos diferentes actos que se van celebrar ó longo do verán, e que van dende a Gala de Elección das Raíñas do Albariño, o concurso de Camisetas do Albariño ou a celebración da Feira de Oportunidades de Cambados.

Como non podía ser doutro xeito, Zona Centro volveu a poñer sobre a mesa a problemática dos aparcamentos, que no verán, coa afluencia de visitantes se vai a agravar.

Pola parte do Concello, se comunicou o compromiso a habilitar algunha prazas de aparcamento nas rúas Borrón e Lugo. Igualmente se obtivo o compromiso de estudar a posibilidade de crear unha serie de bolsas de aparcamento en certas rúas do Concello como na Avda. do Salnés, zona da Merced ou na rúa Castelao, así como na Illa das Goritas, que se está á espera do pronunciamento ó respecto do seu titular que non é outro que Portos de Galicia.

Na mesma liña de traballo, o Concello comunicou que se está estudando a posibilidade de regular as principais rúas comerciais cunha zona azul gratuíta, que permita optimizar as prazas de aparcamento dispoñibles e axilizar o servizo os cidadáns.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *