O BOE publica el Real Decreto-lei 8/2020 de 17 de marzo en el que se recollen as medidas excepcionais aprobadas no día de onte polo Consello de Ministros con motivo da pandemia causada polo COVID-19.

Entre as principais medidas anunciadas polo presidente do Goberno, cabe destacalas seguintes:

Suspensiones temporais de emprego (ERTE´s)

  • O Real Decreto-Lei prevé a axilización dos mecanismos e prazos para a aprobación dos Expedientes de Regulación de Temporal de Emprego (ERTE), coa finalidade de que se tramiten nun prazo de 5 dias.
  • Así mesmo, no caso dos ERTE derivados da crise do Coronavirus, os traballadores recibirán prestacións por desemprego aínda no suposto de que non teñan cotizado o tempo suficiente para acceder ao subsidio por desemprego. O período de cobro da prestación, non restará do período de cómputo da prestación por desempleo que acumulen os traballadores
  • Inclúese como novidade, que os empresarios que se acollan ao ERTE motivado polo Coronavirus, poderán gozar da suspensión da cotización á seguridade social dos traballadores.

Prestación por cese de actividade dos traballadores autónomos

  • Os traballadores autónomos poderán acceder, durante o tempo que dure a emerxencia sanitaria, a unha prestación por cesamento de actividade temporal.
  • Para ser beneficiario compre que a actividade quede suspendida pola declaración do estado de alarma ou ben a facturación no mes anterior á que se solicita a prestación se vexa reducida, alo menos, nun 75% en relación coa media de facturación do semestre anterior.
  • O importe da prestación será equivalente ao 70% da base reguladora, e a súa percepción será compatible, tanto coa exoneración do pago das cotas á seguridade social, como tamén coa posibilidade de acollerse a un ERTE para aqueles autónomos que conten con traballadores.
  • A súa solicitude deberá tramitarse, ben a través da mutua ou ben a través do SEPE.

Prórroga automática de prestacións

  • Ningún traballador deixará de percibir unha prestación no caso de que non poida realizar os trámites a tempo.

Protección a quen exerza coidados

  • Velarase por que as persoas que teñan dependentes ao seu cargo, ata segundo grado de consanguinidade, poda organizar o seu tempo de traballo da maneira mais satisfactoria para poder atender as súas obrigas de garda e coidado.
  • Entre o paquete de medidas aprobadas, prevese que os traballadores podan reducir ata o 100 % da súa xornada ou reorganizala para poder afrontar o peche de colexios e de outros centros sociais de atención

Descarga: Resumo das medidas en powerpoint Real Decreto-lei 8.pptx